Balidea patrocina o relatorio de Carlos González Jardón: “A arte de xestionar proxectos. Desmontando ao técnico”

A empresa tecnolóxica Balidea http://www.balidea.com colabora no desenvolvemento de #SilverBullet17 como patrocinadora do relatorio de Carlos González Jardón sobre “A arte de xestionar proxectos”, no que porá en valor os atributos que debe ter un bo xefe de proxectos, un profesional que ha de ser capaz de axudar aos equipos a conseguir obxectivos, con independencia das metodoloxías que se empreguen. En opinión de González Jardón, o perfil de xefe de proxecto é determinante no actual escenario cambiante da transformación dixital.

Consultor en Xestión de Proxectos, con máis de 20 anos de experiencia no sector TI, actualmente lidera a creación do Capitulo Galego do PMI® e centra a súa actividade na dirección de proxectos TI, estándares de calidade como CMMi e Lean IT e proxectos de RPA (Robotic Process Automotion).

É enxeñeiro técnico en Informática pola Universidade de Vigo, Master Executive por ICAI/ICADE e Certificado PMP polo Project Management Institute (PMI®).