Plexus patrocina o relatorio de Santiago Cabaleiro

A empresa Plexus https://www.tecnologiasplexus.com/ colabora con #SilverBullet18 como patrocinadora do relatorio de Santiago Cabaleiro, responsable de Valor Persoas do Grupo Visual MS, https://visualms.com/, empresa viguesa premiada como Best Workplace 2017.
Coa experiencia que lle da ser directivo da organización elixida en 2017 como mellor empresa para traballar, intervirá co relatorio titulado: “Ser un gran sitio para traballar está tirado. ¿Seguro?”.

Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, Santiago Cabaleiro incorpo-rouse ao equipo da start up Visual Microsystems (Grupo Visual MS) no primeiro ano da súa constitución e desde 2017 é responsable de Valor Persoas.

O II Congreso de Dirección de Proxectos TI, #SilverBullet18, terá lugar o xoves 27 de setembro na Cidade da Cultura, organizado polo CPETIG e a AMTEGA.