Hacce patrocina o relatorio de Laurent Kummer

A empresa Hacce Conversion&Design colabora con #SilverBullet18 como patrocinadora do relatorio de Laurent Kummer, titulado Open PM²2. En Europa xogamos así, no que ofrecerá unha visión detallada da metodoloxía comunitaria da que é un experto coñecedor.

Kummer é coautor de PM², a metodoloxía oficial de xestión de proxectos das institucións europeas, publicada en 2016 como OpenPM². Lidera varios proxectos para a Comisión Europea. E durante máis dunha década estivo ao fronte de programas de calidade e infraestruturas TI para General Electric en Francia, Europa do Este e Medio Oriente. Durante a súa etapa profesional en distintos sectores da industria, obtivo a certificación Lean Six Sigma Black Belt e desde aquela é pioneiro e promotor activo da xestión de proxectos lean, tema do seu best seller The Lean Project Management, publicado en 2017.

#SilverBullet18 terá lugar o 27 de setembro na Cidade da Cultura, organizado polo CPETIG e a AMTEGA.