Councilbox patrocina o relatorio de Rafa García

A empresa Councilbox https://www.councilbox.com/ colabora con #SilverBullet18 como patrocinadora do relatorio de Rafa García, fundador da empresa Valor 2.0 http://valor20.com/

Como experto en productividade persoal e entornos colaborativos, plantexa a súa intervención arredor dunha pregunta para a reflexión: “¿Funciona? ¡Non fagas nada!… ¿Ou si?”.

Rafa García conta cunha traxectoria de máis de dúas décadas como consultor e formador. É Premio best Evernote EMEA consultant 2018, Project Management Professional, Certified Scrum Master e Evernote Certified Consultant.

O II Congreso de Dirección de Proxectos TI, #SilverBullet18, terá lugar o 27 de setembro na Cidade da Cultura, organizado polo CPETIG e a AMTEGA.