#SilverBullet17
Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia co propósito de converterse nunha xornada de referencia en torno á xestión de proxectos.
O nome do congreso fai referencia a un coñecido antipatrón da área de xestión de proxectos, “a bala de prata”, mencionada inicialmente polo enxeñeiro de software Frederick P. Brooks en 1987 e que fai referencia a inexistencia de metodoloxías, ferramentas ou solucións milagreiras que nos permitan que un proxecto que xa se converteu nun monstruo (retrasos, custos, calidade), volva ser un proxecto ben xestionado coma se dun home lobo que queremos converter en persoa se tratase, o que unicamente se podería facer cunha bala de prata.”
9:00 Rexistro e entrega de material
09:30 Presentación
Marcos Mata. Presidente do CPETIG
Mar Pereira. Directora da AMTEGA
9:45-10:30 am A PMO. ¿o inimigo na casa?
José Luis Iparraguirre
Managing Director at IAL Software Engineering and Owner, IAL Software Engineering.
10:35-11:20 A arte de xestionar proxectos. Desmontando ó técnico
Carlos González Jardón
Consultor en Xestión de Proxectos en Tecnocom. Líder do Capítulo de Galicia do PMI – Galicia, Spain Potential Chapter.
11:20-12:00 Café – Networking
12:00-12:45 ¿E se non existen os proxectos software?
Javier Garzás
Mentor Áxil, Áxil Coach, experto en xestión de proxectos e equipos.
12:50-14:00 Mesa de debate
Modera: Susana Gómez Carnero
CEO en Origami Soluciones – Directora executiva BNI Galicia
14:00-15:30 Xantar
15:30-16:20 A motivación está sobrevalorada
Javier Cebreiros
Socio do espazo de innovación social Impact Hub Vigo e da empresa InfoJC. Doctorado en comunicación e graduado en Dirección de Empresas.
16:30-17:30 Novo liderado para non morrer no cambio.
Jaume Gurt
Director de Organización e Desenvolvemento de Persoas en Schibsted Spain (InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios).