A empresa Balidea, www.balidea.com, colabora con #SilverBullet18 como patrocinadora do relatorio de Santiago Vázquez, director do Instituto de Liderado do Tecnolóxico de Monterrei (México).
Doutor en Economía pola USC, sociólogo, economista e licenciado en Ciencias Políticas, foi director de Persoas da empresa de telecomunicacións R, na que desenvolveu un modelo de xestión de persoas orientado á felicidade no traballo, aplicando os principais descubrimentos da psicoloxía positiva.
Amais é PDD polo Instituto de Estudos Superiores de Empresa (IESE), coach profesional senior certificado por AECOP e autor do libro La felicidad en el trabajo… y en la vida.
Con esas credenciais, intervirá en #SilverBullet18 co relatorio titulado ¿Existen os equipos felices en TI?. A cita será o 27 de setembro na Cidade da Cultura, organizada polo CPETIG coa colaboración da Amtega.