Bahía Software, Balidea, Ednon, Hacce Conversion&Design e Plexus, patrocinadoras de #SilverBullet17

As empresas Bahía Software, Balidea, Ednon, Hacce Conversion&Design e Plexus colaboran como patrocinadoras no desenvolvemento de #SilverBullet17, organizado polo CPETIG e a Amtega.
#SilverBullet17 terá lugar o 11 de maio na Cidade da Cultura, concibido como un foro de discusión e debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área.

O evento reunirá a oferta e a demanda do sector nun espazo de encontro para propiciar un intercambio de información, favorecendo a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software. Intervirán como relatores José Luis Iparraguirre, Carlos González Jardón, Javier Garzás, Susana Gómez Carnero, Javier Cebreiros e Jaume Gurt.