Santiago Cabaleiro é responsable de Valor Persoas do Grupo Visual MS, empresa viguesa premiada como Best Workplace 2017.
Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, tivo a oportunidade de incoporarse ao equipo da start up Visual Microsystems (Grupo Visual MS) no primeiro ano da súa constitución, pasando por experiencias nas áreas de Administración, Comercial e RRHH.
En 2005 asumíu o rol de Coordinación de Visual Trans, empresa especializada en solucións software de xestión para transitarios, axentes de aduanas, consignatarios e operadores loxísticos integrais; hoxe referencia no sector. A súa inquedanza persoal e profesional ía orientándose cada vez máis ao lado humano das empresas e, grazas á política de rotación de postos en Visual MS, en 2017 iniciou unha nova etapa como responsable de Valor Persoas.
O relatorio de Santiago Cabaleiro está patrocinado por: