BIO
Laurent Kummer, engineer’s degree, Information Technology, é experto en xestión de proxectos.
Coautor de PM², a metodoloxía oficial de xestión de proxectos das institucións europeas, publicada en 2016 como OpenPM². Lidera varios proxectos para a Comisión Europea.
Representa á comunidade de xestión de proxectos de Bélxica na International Standard Organization e participa na creación da familia estándar ISO 21500 en xestión de proxectos.
Liderou durante máis dunha década programas de calidade e infraestruturas TI para General Electric en Francia, Europa do Este e Medio Oriente. Durante a súa etapa profesional en distintos sectores da industria, obtivo a certificación Lean Six Sigma Black Belt e desde aquela é pioneiro e promotor activo da xestión de proxectos lean, tema do seu best seller The Lean Project Management, publicado en 2017.
O relatorio de Laurent Kummer está patrocinado por: