Berta Candendo
A primeira vez que me chamou a atención a informática foi cando meu irmán maior lle fixo a miña nai no Amstrad un debuxo con signos en movemento para o día da nai.
Son licenciada en Informática. Crecín profesionalmente en dúas grandes consultoras de software, Altia Consultores e Coremain. Durante eses anos aprendín linguaxes, ferramentas, metodoloxías, negocios específicos e a importancia da capacidade para tratar coas persoas para obter o éxito dun proxecto, porque son as persoas as que constrúen o éxito de calquera proxecto.
En 2017 tiven a oportunidade de entrar a formar parte de Netex learning, para axudar na organización e xestión da área de Contidos Dixitais, empresa coa que xa traballara. Amais do atractivo que tiña, cambiar do mundo das consultorías ao mundo do e-learning nunha empresa de produto, dúas cousas fixeron que me decidise: o compromiso polo traballo ben feito, a calidade e a satisfacción dos usuarios, e unha frase que me dixeron cando “nesta empresa todos os días temos ideas novas, pero non nos é posible levalas todas a cabo”.