Balidea, Plexus, Councilbox e Hacce, patrocinadoras de #SilverBullet18

O II Congreso de Dirección de Proxectos, #SilverBullet18, desenvolverase co patrocinio das empresas tecnolóxicas Balidea, Plexus, Councilbox e Hacce Conversion&Design; e a colaboración de Infinita Eventos e PMI-GaliciaSpain Chapter.

#SilverBullet18 terá lugar o 27 de setembro na Cidade da Cultura, organizado polo CPETIG e a AMTEGA, e concibido como un foro de discusión e debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á dirección e xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área.

Intervirán como relatores Laurent Kummer, Rafa García, Santiago Cabaleiro e Santiago Vázquez, para rematar cunha mesa de debate moderada por Berta Candendo, seguida dunha comida networking.

O evento reunirá a oferta e a demanda do sector nun espazo de encontro para propiciar un intercambio de información, favorecendo a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.