Inscrición gratuíta de colexiados e precolexiados no #SilverBullet18

Os colexiados/as e precolexiados/as do CPETIG poden asistir gratuitamente aos relatorios e ao xantar networking de #SilverBullet18. Para formalizar a súa participación, únicamente deberán realizar a súa inscrición na web cunha cota de asistencia de 10 euros, que posteriormente seralles reembolsada polo Colexio.

Organizado polo CPETIG e a Amtega, #SilverBullet18 terá lugar o 27 de setembro na Cidade da Cultura, como un foro de discusión e debate aberto a empresas, profesionais vinculados á dirección e xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área.

#SilverBullet18 propiciará a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da dirección de proxectos software.