Hacce patrocina a mesa de debate moderada por Susana Gómez Carnero

A empresa Hacce Conversion&Design colabora con #SilverBullet17 como patrocinadora da mesa de debate que será moderada por Susana Gómez Carnero, CEO en Origami Soluciones e directora executiva de BNI Galicia.

Na mesa intervirán os tres relatores participantes na sesión matinal, José Luis Iparraguirre, Carlos González Jardón e Javier Garzás para poñer de relevo os temas máis controvertidos e candentes da profesión, abrindo a oportunidade de dar paso tamén ás intervencións do público asistente.

#SilverBullet17 terá lugar o 11 de maio na Cidade da Cultura  e será inaugurado polo presidente do CPETIG, Marcos Mata, e a directora da Amtega, Mar Pereira.