Máis dun cento de persoas xa inscritas en #SilverBullet17

A dúas semanas da celebración de #SilverBullet17, as inscricións avanzan a moi bo ritmo de xeito que xa se superaron os cen primeiros rexistros. Entre as persoas inscritas hai profesionais de empresas, investigadores, responsables de recursos humanos, docentes e estudantes que non querer deixar pasar esta oportunidade para coñecer as últimas tendencias metodolóxicas en xestión de proxectos e adquirir habilidades de comunicación, xestión de equipos e liderado.

#SilverBullet17 será inaugurado polo presidente do CPETIG, Marcos Mata, e pola directora de Amtega, Mar Pereira, dando paso trala apertura aos relatorios de José Luis Iparraguirre, Carlos González Jardón, Javier Garzás, Susana Gómez Carnero, Javier Cebreiros e Jaume Gurt.

Organizado polo CPETIG e a Amtega, #SilverBullet17 está patrocinado por Bahía Software, Balidea, Councilbox, Ednon, Hacce Conversion&Design e Plexus.