“A motivación está sobrevalorada”, relatorio de Javier Cebreiros en #SilverBullet17

Javier Cebreiros, socio do espazo de innovación social Impact Hub Vigo e da empresa InfoJC, intervirá en #SilverBullet17 co relatorio titulado “A motivación está sobrevalorada”, patrocinada por Councilbox. Doutorando en Comunicación e graduado en Dirección de Empresas, Cebreiros é máster en Investigación en Comunicación da Universidade de Vigo, técnico superior en Márqueting e máster en Dirección da Escola de Negocios IESIDE.

Blogueiro do Huffington Post, autor do libro Olvida tu lenguaje corporal, colaborador habitual en medios de comunicación e guionista de Yo, mono de TVE2. Imparte formación para falar en público, así como cursos, talleres e conferencias en diversas organizacións, entre as que destacan os seus TEDxTalk de España e México.