Unha pregunta provocadora para o relatorio de Javier Garzás: “E se non existen os proxectos software?”

Javier Garzás intervirá en #SilverBullet17 co relatorio titulado “E se non existen os proxectos software?”, patrocinado por Plexus. É enxeñeiro superior en Informática pola UCLM, postdoutorado e investigador invitado na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh, EE.UU e doutor Ph.D.

Completa as súas credenciais coa súa condición de profesor titular da Universidade Rey Juan Carlos, mentor áxil, agil coach, experto en xestión de proxectos e equipos, que suma máis de 80 empresas asesoradas ao longo da súa carreira.

Actualmente, axuda ás empresas a facer mellor software, con eficiencia, productividade e calidade, sen olvidar o factor felicidade. Tamén é colaborador activo coa empresa e comunidade 233 Grados de TI.