Carlos González Jardón intervirá en #SilverBullet17 co relatorio “A arte de xestionar proxectos. Desmontando ao técnico”

O segundo dos relatorios, patrocinado por Balidea, será presentado por Carlos González Jardón, consultor en Xestión de Proxectos en Tecnocom. Con máis de 20 anos de experiencia no sector TI, centra a súa actividade na dirección de proxectos TI, estándares de calidade como CMMi e Lean IT e proxectos de RPA (Robotic Process Automotion).

É enxeñeiro técnico en Informática pola Universidade de Vigo, Master Executive por ICAI/ICADE e Certificado PMP polo Project Management Institute (PMI®). Actualmente, , lidera a creación do Capitulo Galego do PMI ® (PMI Galicia Spain Potential Chapter) e colabora con entidades formativas, como a Escola Europea de Negocios de Galicia, na impartición de cursos no ámbito da dirección de proxectos.