Inscrición gratuíta de colexiados e precolexiados no #SilverBullet17

No marco da conmemoración do X aniversario do CPETIG, a asistencia aos relatorios e ao xantar de #SilverBullet17 será gratuita para colexiados/as e precolexiados/as. Para formalizar a súa participación, deberán realizar a súa inscrición na web e posteriormente a cota de asistencia seralles reembolsada polo colexio, ben aplicando un desconto sobre as próximas cotas de colexiación ou por transferencia nos casos de precolexiados ou colexiados con exención de cota por desemprego.

Organizado polo CPETIG e a Amtega, #SilverBullet17 terá lugar o 11 de maio na Cidade da Cultura, concibido como un foro de discusión e debate aberto a empresas, profesionais vinculados á xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área.

#SilverBullet17 propiciará a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.